Lista de Gobernadores Xerais de Australia

David Hurley, o 27º e actual gobernador xeral de Australia

O Gobernador Xeral de Australia é o xefe da rama executiva do goberno federal, servindo como representante do monarca australiano (actualmente Isabel II). O cargo creouse coa adopción da nova constitución nacional o 1 de xaneiro de 1901, e foi ocupado por 26 persoas dende entón. O mandato do gobernador xeral non ten unha duración determinada, mais adoita ser de 5 anos.

Durante as dúas primeiras décadas, os gobernadores xerais foron seleccionado só polo goberno británico. Comezouse a consultar ao monarca nos anos 30. Os primeiros catro gobernadores xerais foron lords. Ronald Munro Ferguson (nomeado en 1914) foi o primeiro membro da Cámara dos Comúns que ocupou o posto, a pesar de que logo foi tamén ascendido á Cámara dos Lords. En 1920, Billy Hughes converteuse no primeiro Primeiro Ministro en ser consultado sobre nomeamento dun novo gobernador xeral. Stanley Bruce (1925) e Joseph Lyons (1935) pediron ou foilles entregada unha lista de candidatos entre os que escoller.

James Scullin (1930) foi o primeiro Primeiro Ministro de Australia que decidiu completamente un nomeamento, o de Isaac Isaacs, e converteu a Australia no primeiro dominio en ter un gobernador xeral nacido no propio dominio. En 1945, John Curtin nomeou o príncipe Henrique, Duque de Gloucester para o posto, o primeiro e único membro da casa real en ocupalo. Un segundo australiano (William McKell) foi nomeado en 1947, foi seguido doutros tres británicos, todos escollidos por Robert Menzies. O cuarto nomeamento de Menzies foi Richard Casey, quen tomou posesión en 1965. El e todos os gobernadores xerais seguintes foron cidadáns australianos. Todos os estados excepto Tasmania e Australia Meridional proporcionaron polo menos un nomeado. A primeira muller gobernadora xeral foi, Quentin Bryce, que tomou posesión en 2008.

O 16 de decembro de 2018, o primeiro ministro Scott Morrison anunciou que o próximo gobernador xeral sería David Hurley, actual gobernador de Nova Gales do Sur.[1][2]

  1. "Novo Gobernador Xeral de Australia" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 13 de abril de 2019. 
  2. "David Hurley named next governor general of Australia as Labor blasts timing" (en inglés). 16 de decembro de 2018. Consultado o 13 de abril de 2019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy